top of page

A nosa historia, 106 anos de grazas!

               Na primavera de 1915 Jose García Tejo e Dolores García Rey instalábanse a vivir en San Miguel de Sarandón (Vedra),  na casa que dous anos antes comezaran a construir. Era o principio dunha etapa nova , unha etapa dura, pois partían de cero nun negocio que non coñecían e traían un neno dun ano que había que criar nuns tempos difíciles. As forzas, o empeño e a ilusión estaban por riba de todo e quedaba así fundada CASA GARCIA.

               Deron os primeiros pasos co negocio dos tecidos , de paquetería e o “vaseo de taberna”;  vendendo na casa e acudindo ás feiras  e festas máis próximas . O negocio foise diversificando coa venda de ultramarinos e a pequena ferretería , recollida de leite e ovos, e tamén coa montaxe dun potro para ferrar.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

               

 

 

 

               

 

          Pasou o tempo e chegoulle o mando á segunda xeración : José García García. O seu paso polo servizo militar fíxolle ampliar os coñecementos de ferrador, e trala compra dunha das primeiras bicicletas da redonda , pudo ampliar o mercado do oficio. Iso valeulle para gañar cartos, mellorar o negocio familiar e non ter que ir ás feiras. Neses desprazamentos á Ramallosa coñeceu á que sería a súa muller e media laranxa no negocio familiar: Otilia Pernas Paz. O pequeno comercio de ultramarinos pasou a ser unha  tenda máis grande na que se vendían dende  tecidos ata produtos de mercería, alimentación, ferretería, bazar , algo de construción, recollida de leite, bar e estanco.  Noutra nova ampliación o bar pasou a ser casa de comidas con hospedaxe incluído, na que se chegaron a facer  vodas de ata 100 persoas. Incluso se chegaron a alquilar parte dos locais para consultorio médico, sastrería e barbería.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

         

             

                 Pasou o tempo e chegou un novo relevo coa terceira xeración : José García Pernas. O mundo foi evolucionando e pasouse de andar cos bois a andar en coche. Iso motivou un cambio de actividade: en tanto baixaba o negocio de ferrar, a alternativa era o servizo de taxi. Nesas moitas viaxes coñeceu á que hoxe é a súa dona Lucita Garcia Barral. Seguíronse ampliando os locais para o negocio ó tempo que o ultramarinos daba paso ó sistema de autoservizo con carnicería e charcutería. A un amplo surtido en ferretería e material de construción, sumáronselle os abonos e fitosanitarios, íso sen olvidarnos da correduría do Banco Popular e dunha nova liña de negocio que era a autoventa a domicilio.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

                A cuarta xeración , a de agora,  corresponde a José García García, que as casualidades fixeron que volvese a levar os apelidos do seu avó.  Seguir co negocio familiar era unha premisa indiscutible, pero facía falta un cambio e iso chegou co que hoxe coñecemos como GARCIA GARCIA Centro Comercial. Un punto de encontro onde podes atopar de todo : supermercados Claudio, carnicería, ferretería, bazar, agasallos, xoguetes, calzado, mercería, artigos de caza e pesca, abonos e fitosanitarios, asesoramento e material vinícola, materiais de construción, estanco e A Taberna do Ferrador. Iso sí, este proxecto non sairía adiante sen contar co apoio da súa familia e da súa muller Ana Chao González.

               

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

             En fin, CENTO SEIS ANOS que non son nada pero que o son todo. Cen anos de historia, cen anos de experiencias, cen anos de ilusións, cen anos que hai que celebrar para poñer o punto de partida para os próximos cen, pero sobre todo CENTO SEIS ANOS DE GRAZAS.  

 

     

                CENTO SEIS ANOS DE GRAZAS para a familia e amigos,

para os clientes e proveedores,

... para todos e todas... moitas grazas!

bottom of page